viernes, 10 de junio de 2022

AS FRAGAS DO EUME


 O alumnado de 5º visitará este fin de curso As Fragas do Eume. Así, o Equipo de actividades extraescolares e complementarias organizou unha charla previa  cun monitor  que os acompañará en todo momento e que sabe moito de dito medio. Por iso visitou a estes nenos e nenas na nosa bibliotexa falándolles da importancia de conservar os espacios naturais tan valiosos que temos na nosa terra. 

Un aplauso para esta actividade!

jueves, 26 de mayo de 2022

TALLER SOBRE A FLORA INVASORA NOS RÍOS GALEGOS

Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias da nosa escola coordinou unha actividade desenvolvida durante esta semana na nosa biblioteca.

Unha actividade titulada A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, para tomar conciencia do serio problema que supón para o medio a "invasión" de moitas plantas que veñen de fóra das nosas fronteiras e causan danos que son moi difíciles de arranxar. 

Así, coñecemos algunhas destas plantas e como actúan, como apareceron no noso medio, que perigos plantexan, as consecuencias que deixan e mesmo como hai que actuar ante o problema.

O alumnado de 5º e 6º tomou boa nota de todo e mesmo participou en xogos a fin de  reflexionar sobre este importante problema.

Unha vez máis...coidemos o noso planeta xa que...NON HAI PLANETA  B!!!

Aquí podedes ver un vídeo con algunhas imaxes das sesións.





jueves, 5 de mayo de 2022

VISITA A PONTE MACEIRA

 As nenas e nenos de 5º e 6º fixeron unha saída extraescolar ao marabilloso paraxe natural de Ponte Maceira, dentro das actividades organizadas polo EAEC do colexio e a colaboración da nosa ANPA (Guerrilla verde).

Aqui podedes ver un pequeno vídeo con imaxes da visita.



jueves, 21 de abril de 2022

APRENDEMOS A COIDAR O PLANETA

 Coas actividades da "Guerrilla verde" propostas pola ANPA do colexio aprendemos a conservar e respetar o noso Planeta.

Aquí veredes un vídeo onde a rapazada de E. infantil realiza uns medallóns con plantas da nosa contorna e despois, unhas bombas de sementes que poderemos lanzar no espazo natural que escollamos para que medren plantas fermosas.


Tamén podedes ver o vídeo das nenas e nenos de 1º a 4º de Primaria.





martes, 15 de junio de 2021

NON HAI PLANETA B

 O curso pasado, un grupo de nenas e nenos de 4º de Primaria, coa inestimable a xuda da súa titora, fixeron esta espectacular obra titulada "Non hai Planeta B", que agora loce nas paredes da nosa biblioteca.



SALVAR O PLANETA DESDE A BIBLIOTECA


 Así de ben traballan as nenas e nenos de 3º B na biblioteca. Están a facer murais con grandes ideas para salvar o Planeta.

SEGUIMOS COIDANDO O PLANETA

 Seguimos coidando o noso Planeta. As nenas e nenos de 3º B de Primaria fixeron estas estupendas bolsas para as súas cousas, con simboloxía que anima a reciclar, reutilizar, recoller...