jueves, 24 de octubre de 2019

MARCHA MUSICAL POLO PLANETA

Unha representación da Escola Municipal de Música visitounos e  deleitounos cun concerto didáctico para o alumnado de 4º e 5º de Primaria.


O título do espectáculo, que inclúe a lectura de textos por parte de varios nenos, é A MARCHA POLO PLANETA, para introducirnos no Proxecto Documental  Integrado que desenvolveremos durante este curso.



MINUTO DE SILENZO


O noso colexio sumouse o venres, 27 de setembro, á causa abandeirada polo movemento Fridays for Future para combater a crise climática.

Toda a comunidade educativa está preocupada polas consecuencias que o cambio climático produce  nos ecosistemas mariños e terrestres.

Así, as 12:00 h, no patio do colexio, tivo lugar un minuto de silenzo para recordar a gran responsabilidade que teñen tanto as Administracións e os Gobernos como as persoas de xeito individual e colectivo á hora de conservar en perfecto estado o lugar onde vivimos. Ademais procuramos traer a nosa merenda dese día sen plásticos nin evases que lixen o medio.

Seguiremos durante todo o curso con accións encamiñadas a este fin. 

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO BLOG!

Comenzamos o curso cun novo Proxecto. Esta vez un traballo ao que lle adicaremos o curso enteiro e que nos gustaría que servira para tomar conciencia sobre o futuro dos habitantes do Planeta.
Aquí iremos amosando as nosas investigacións, recursos, comentarios, actos... a prol do coidado do lugar onde vivimos.

A traballar pola saúde do Planeta, que é a nosa saúde!