sábado, 29 de febrero de 2020

DISFRACES ECOLÓXICOS DE ENTROIDO













TALLERES DA HORTA

Onte, venres 28 de febreiro, desenvolvéronse na biblioteca dous talleres co alumnado do primeiro ciclo e cortesía da ANPA do colexio.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria desfrutaron moito coa elaboración de produtos  naturais de uso cotiá: unha crema de Aloe Vera e vinagre aromatizado, dos que levaron mostras para as súas casas, por suposto!
Aquí podedes ver o reportaxe gráfico de tal evento:
(Podedes informarvos máis ampliamente no blog da "Horta á cociña". Alí tamén podedes ver como seguen os nosos hortos). A próxima semana tocaralle o turno ao alumnado de E. Infantil.












miércoles, 26 de febrero de 2020

DESPEDIDA DO MECO

O noso Meco despediuse coas coplas que nos propón todos en Entroidos. Aí van as deste ano:



DESPEDIDA DO MECO. ENTROIDO 2020

HOXE REMATA TODO
DESFACÉMONOS DO MECO
UN SAÚDO PARA TODOS
UN SAÚDO DESDE O CENTRO.

E NESTE MOMENTO
PASO A LER O TESTAMENTO:

DEIXO OS MEUS BRAZOS,
QUE DE CARTÓN SON,
A QUEN OS META CON TINO
NO APROPIADO COLECTOR

DÉIXOLLE OS MEUS OLLOS,
QUE TEÑEN FORMA DE TAPÓN,
A QUEN OS POÑA NAS BOTELLAS
OU EN ENVASES DE CARTÓN.

 DÉIXOLLE OS MEUS CABELOS
ÁS NENAS E NENOS DO COLEXIO
QUE SEGURO CON ELES FARÍAN
 UN ESTUPENDO PLUMEIRO

DÉIXOLLE OS MEU INTERIOR,
QUE É DE PLÁSTICO E PAPEL,
AO NOSO SEÑOR ALCALDE
QUE FAGA UN ESPANTALLO CON EL

DÉIXOLLE A MIÑA BOLSA
AOS VECIÑOS DE FONTIÑAS
PARA RECOLLER O LIXO
E DEIXAR AS RÚAS LIMPAS.

NENAS E NENOS DO COLE
APRENDEDE A RESPETAR
O NOSO PLANETA É A VIDA
E TÉMOLO QUE COIDAR


AQUÍ REMATA
O MEU TESTAMENTO
PARA QUE SE CUMPRA
DESDE ESTE  MESMO MOMENTO.

Firmado: Don Lixo

E QUE VIVA O ENTROIDO!



lunes, 24 de febrero de 2020

ROSA ANEIROS

A escritora Rosa Aneiros visitounos a pasada semana para charlar co alumnado de 5º e 6º e asinar o seu libro Xelís, o guieiro das botellas de mar.




Xelís, o protagonista da súa novela, inicia  unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta. 



domingo, 16 de febrero de 2020

VIVA O ENTROIDO!

Achégase o Entroido e o noso Meco ten forma de monstruo-bolsa de lixo. Podedes achegarvos a el. Non cheira nada... de momento!


O MECO está cargado de estrés e por eso pide que o luns veñamos cunha prenda do revés.