sábado, 28 de diciembre de 2019

ANIMACIÓN Á LECTURA: NADARÍN

As nenas e nenos de 6º nivel de E. Infantil (5 anos), desfrutaron dun precioso proxecto de Animación á lectura que despois compartiron coas súas familias no fogar.



Trala lectura do precioso conto Nadarín de Leo Leonni, fixeron unhas estupendas ilustracións personificadas do mesmo e unhas tarxetas plastificadas que cada un levou á casa cunha invitación ás familias para animar aos nenos e nenas a contarlles o conto apoiándose en ditas ilustracións.


sábado, 21 de diciembre de 2019

BO NADAL ECOLÓXICO!

Desde  aquí queremos desexar a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un próspero Aninovo con desexos de paz  e felicidade e con reflexións sobre o futuro do medio no que vivimos.


Aquí tedes algunhas recomendacións:











viernes, 6 de diciembre de 2019

AXENDA 2030



Desde as bibliotecas recoñécese a importancia dos Obxectivos da Axenda 2030 e a contribución destas como  espazos que ofrecen acceso e oportunidades para todos e todas. 
As bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa que traballan a prol dunha educación de calidade, na protección e salvagarda do patrimonio cultural  e promoven a inclusión do acceso á información e ás tecnoloxías da información e comunicación.
 AXENDA 2030

Se queredes máis información podedes premer na imaxe anterior ou ben consultar o blog de Bibliotecas escolares de Galicia.

jueves, 24 de octubre de 2019

MARCHA MUSICAL POLO PLANETA

Unha representación da Escola Municipal de Música visitounos e  deleitounos cun concerto didáctico para o alumnado de 4º e 5º de Primaria.


O título do espectáculo, que inclúe a lectura de textos por parte de varios nenos, é A MARCHA POLO PLANETA, para introducirnos no Proxecto Documental  Integrado que desenvolveremos durante este curso.



MINUTO DE SILENZO


O noso colexio sumouse o venres, 27 de setembro, á causa abandeirada polo movemento Fridays for Future para combater a crise climática.

Toda a comunidade educativa está preocupada polas consecuencias que o cambio climático produce  nos ecosistemas mariños e terrestres.

Así, as 12:00 h, no patio do colexio, tivo lugar un minuto de silenzo para recordar a gran responsabilidade que teñen tanto as Administracións e os Gobernos como as persoas de xeito individual e colectivo á hora de conservar en perfecto estado o lugar onde vivimos. Ademais procuramos traer a nosa merenda dese día sen plásticos nin evases que lixen o medio.

Seguiremos durante todo o curso con accións encamiñadas a este fin. 

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO BLOG!

Comenzamos o curso cun novo Proxecto. Esta vez un traballo ao que lle adicaremos o curso enteiro e que nos gustaría que servira para tomar conciencia sobre o futuro dos habitantes do Planeta.
Aquí iremos amosando as nosas investigacións, recursos, comentarios, actos... a prol do coidado do lugar onde vivimos.

A traballar pola saúde do Planeta, que é a nosa saúde!