O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias da nosa escola coordinou unha actividade desenvolvida durante esta semana na nosa biblioteca.
Unha actividade titulada A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, para tomar conciencia do serio problema que supón para o medio a "invasión" de moitas plantas que veñen de fóra das nosas fronteiras e causan danos que son moi difíciles de arranxar.
Así, coñecemos algunhas destas plantas e como actúan, como apareceron no noso medio, que perigos plantexan, as consecuencias que deixan e mesmo como hai que actuar ante o problema.
O alumnado de 5º e 6º tomou boa nota de todo e mesmo participou en xogos a fin de reflexionar sobre este importante problema.
Unha vez máis...coidemos o noso planeta xa que...NON HAI PLANETA B!!!
Aquí podedes ver un vídeo con algunhas imaxes das sesións.