viernes, 10 de junio de 2022

AS FRAGAS DO EUME


 O alumnado de 5º visitará este fin de curso As Fragas do Eume. Así, o Equipo de actividades extraescolares e complementarias organizou unha charla previa  cun monitor  que os acompañará en todo momento e que sabe moito de dito medio. Por iso visitou a estes nenos e nenas na nosa bibliotexa falándolles da importancia de conservar os espacios naturais tan valiosos que temos na nosa terra. 

Un aplauso para esta actividade!

jueves, 26 de mayo de 2022

TALLER SOBRE A FLORA INVASORA NOS RÍOS GALEGOS

Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias da nosa escola coordinou unha actividade desenvolvida durante esta semana na nosa biblioteca.

Unha actividade titulada A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, para tomar conciencia do serio problema que supón para o medio a "invasión" de moitas plantas que veñen de fóra das nosas fronteiras e causan danos que son moi difíciles de arranxar. 

Así, coñecemos algunhas destas plantas e como actúan, como apareceron no noso medio, que perigos plantexan, as consecuencias que deixan e mesmo como hai que actuar ante o problema.

O alumnado de 5º e 6º tomou boa nota de todo e mesmo participou en xogos a fin de  reflexionar sobre este importante problema.

Unha vez máis...coidemos o noso planeta xa que...NON HAI PLANETA  B!!!

Aquí podedes ver un vídeo con algunhas imaxes das sesións.





jueves, 5 de mayo de 2022

VISITA A PONTE MACEIRA

 As nenas e nenos de 5º e 6º fixeron unha saída extraescolar ao marabilloso paraxe natural de Ponte Maceira, dentro das actividades organizadas polo EAEC do colexio e a colaboración da nosa ANPA (Guerrilla verde).

Aqui podedes ver un pequeno vídeo con imaxes da visita.



jueves, 21 de abril de 2022

APRENDEMOS A COIDAR O PLANETA

 Coas actividades da "Guerrilla verde" propostas pola ANPA do colexio aprendemos a conservar e respetar o noso Planeta.

Aquí veredes un vídeo onde a rapazada de E. infantil realiza uns medallóns con plantas da nosa contorna e despois, unhas bombas de sementes que poderemos lanzar no espazo natural que escollamos para que medren plantas fermosas.


Tamén podedes ver o vídeo das nenas e nenos de 1º a 4º de Primaria.





martes, 15 de junio de 2021

NON HAI PLANETA B

 O curso pasado, un grupo de nenas e nenos de 4º de Primaria, coa inestimable a xuda da súa titora, fixeron esta espectacular obra titulada "Non hai Planeta B", que agora loce nas paredes da nosa biblioteca.



SALVAR O PLANETA DESDE A BIBLIOTECA


 Así de ben traballan as nenas e nenos de 3º B na biblioteca. Están a facer murais con grandes ideas para salvar o Planeta.

SEGUIMOS COIDANDO O PLANETA

 Seguimos coidando o noso Planeta. As nenas e nenos de 3º B de Primaria fixeron estas estupendas bolsas para as súas cousas, con simboloxía que anima a reciclar, reutilizar, recoller...





 

jueves, 27 de mayo de 2021

MAQUETAS DE ECOSISTEMAS

 As nenas e nenos de 5º elaboraron  maquetas de distintos ecosistemas  que estarán expostas durante algúns días para o desfrute de todos e todas.








viernes, 23 de abril de 2021

Día Mundial do Libro

 Todas as datas son boas para celebrar, pero esta é especial para os colexios e os libros son unha das nosas compañías diarias.

A lectura e os libros pódense representar utilizando a reciclaxe. Mirade:




lunes, 15 de junio de 2020

AMAR O MAR

 Amar o mar

As nenas e os nenos de 6º de E. Infantil investigaron  moito para facer uns fermosos traballos que quedaron plasmados nesta asombrosa presentación.
Non vola perdades!

sábado, 13 de junio de 2020

ABC do noso Planeta

Club de Lectura da biblioteca. Curso 2019/20

Coas letras do abecedario fixemos un traballo de incestigación sobre o vocabulario relacionado co noso proxecto. Podedes velo premendo na imaxe.

martes, 9 de junio de 2020

AS VOSAS REFLEXIÓNS SOBRE OS OCÉANOS

As nenas e nenos do noso colexio enviáronnos as súas reflexións sobre os Océanos para conmemorar o seu día mundial.
Aquí tedes algunhas:

Mariña Maseda: "Azul e vida"

Antía Maseda: "Non matedes aos animais dos océanos que tamén teñen vida"

Martina Veiga:"Cada vez que veo el mar me lleno de alegría y llevo la cabeza a un lugar lejano donde no existe el mal o la tristeza”

William Perrin: "Miles han vivido sin amor ni un solo sin agua" (W. H Auden)


lunes, 8 de junio de 2020

8 de xuño: Día Mundial dos Océanos

Hoxe, data tan sinalada, esta imaxe reflexa a realidade diaria dos océanos:


  Aínda que nós queremos que sexa esta outra:



Desde aquí queremos invitarvos a compartir neste blog reflexións e frases sentidas sobre o coidado dos nosos mares, praias e costas. Agardamos a vosa participación!

O pulmón do Planeta

O alumnado de cuarto de Primaria recordou así a importancia das árbores, ben concienciados de que a deforestación produce efectos desastrosos no Planeta.


jueves, 4 de junio de 2020

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO AMBIENTE

O 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e o próximo 8 de xuño, o Día Mundial dos Océanos.
dia-medioambiente | letras emergentesDía Mundial de los Océanos - Recíclame

martes, 2 de junio de 2020

Premio do reto Lector de 5º

Este é o premio para o alumnado de 5º que participou este ano no RETO LECTOR,  que  por segundo ano consecutivo leva aos nenos e nenas a ler os seus libros favoritos a través dun reto mensual.

Trátase dunha bolsa para gardar as mascarillas cun fermoso debuxo dunha árbore e un fragmento dunha canción, lembrando o proxecto documental integrado que desenvolvemos durante este curso no noso colexio: "O Planeta é a nosa casa".

Noraboa a todos e todas por participar neste precioso reto.



domingo, 31 de mayo de 2020

CLUB DE LECTURA

Este é o libro escollido para o noso Club de Lectura con alumnado de 5º.
Trátase da obra de Agustín Fernández Paz A praia da esperanza, escrita despois do triste suceso co barco Prestige na nosa costa.


sábado, 18 de abril de 2020

23 de abril: DÍA DO LIBRO

Estando na casa tamén podemos facer moitas cousas polo planeta.
Para conmemorar a data do 23 de abril podedes facer moitas cousas, entre outras, fermosos marcapáxinas para acompañar as vosas lecturas diarias.
Todos eles con material de reciclaxe por suposto!



miércoles, 4 de marzo de 2020

E. INFANTIL RECICLA!

As nenas e nenos de E. Infantil xa o fan. Xa saben que é moi importante reciclar e explícannos como hai que facer:

Aquí tedes o antes e o despois dun cartón de leite: dun simple envase a un marabilloso maceteiro!

E, como se fai?

Primeiro: Recortar
Segundo: Retorcer
Terceiro: Pelar
Cuarto: Dobrar


Concurso MULLERES QUE FAN HISTORIA

A biblioteca do colexio convoca, como en edicións pasadas, o concurso que consiste en "adiviñar" o nome de varias mulleres destacadas en distintos campos. Este ano, como non, son mulleres destacadas no campo do coidado do planeta, dúas delas galegas.
Animádevos a participar! Mirade no taboleiro da entrada da biblioteca; buscade as pistas e...xa está!
Escribide os nomes no cadernillo que se vos facilita e participaredes nun sorteo entre todos os cadernillos recollidos.