Coas letras do abecedario fixemos un traballo de incestigación sobre o vocabulario relacionado co noso proxecto. Podedes velo premendo na imaxe.
sábado, 13 de junio de 2020
martes, 9 de junio de 2020
AS VOSAS REFLEXIÓNS SOBRE OS OCÉANOS
As nenas e nenos do noso colexio enviáronnos as súas reflexións sobre os Océanos para conmemorar o seu día mundial.
Aquí tedes algunhas:
Mariña Maseda: "Azul e vida"
Antía Maseda: "Non matedes aos animais dos océanos que tamén teñen vida"
Martina Veiga:"Cada vez que veo el mar me lleno de alegría y llevo la cabeza a un lugar lejano donde no existe el mal o la tristeza”
William Perrin: "Miles han vivido sin amor ni un solo sin agua" (W. H Auden)
lunes, 8 de junio de 2020
8 de xuño: Día Mundial dos Océanos
Hoxe, data tan sinalada, esta imaxe reflexa a realidade diaria dos océanos:
Aínda que nós queremos que sexa esta outra:
Desde aquí queremos invitarvos a compartir neste blog reflexións e frases sentidas sobre o coidado dos nosos mares, praias e costas. Agardamos a vosa participación!
O pulmón do Planeta
O alumnado de cuarto de Primaria recordou así a importancia das árbores, ben concienciados de que a deforestación produce efectos desastrosos no Planeta.
jueves, 4 de junio de 2020
5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO AMBIENTE
O 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e o próximo 8 de xuño, o Día Mundial dos Océanos.


martes, 2 de junio de 2020
Premio do reto Lector de 5º
Este é o premio para o alumnado de 5º que participou este ano no RETO LECTOR, que por segundo ano consecutivo leva aos nenos e nenas a ler os seus libros favoritos a través dun reto mensual.
Trátase dunha bolsa para gardar as mascarillas cun fermoso debuxo dunha árbore e un fragmento dunha canción, lembrando o proxecto documental integrado que desenvolvemos durante este curso no noso colexio: "O Planeta é a nosa casa".
Noraboa a todos e todas por participar neste precioso reto.

domingo, 31 de mayo de 2020
CLUB DE LECTURA
Este é o libro escollido para o noso Club de Lectura con alumnado de 5º.
Trátase da obra de Agustín Fernández Paz A praia da esperanza, escrita despois do triste suceso co barco Prestige na nosa costa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




