O curso pasado, un grupo de nenas e nenos de 4º de Primaria, coa inestimable a xuda da súa titora, fixeron esta espectacular obra titulada "Non hai Planeta B", que agora loce nas paredes da nosa biblioteca.
martes, 15 de junio de 2021
SALVAR O PLANETA DESDE A BIBLIOTECA
Así de ben traballan as nenas e nenos de 3º B na biblioteca. Están a facer murais con grandes ideas para salvar o Planeta.
SEGUIMOS COIDANDO O PLANETA
Seguimos coidando o noso Planeta. As nenas e nenos de 3º B de Primaria fixeron estas estupendas bolsas para as súas cousas, con simboloxía que anima a reciclar, reutilizar, recoller...
jueves, 27 de mayo de 2021
MAQUETAS DE ECOSISTEMAS
As nenas e nenos de 5º elaboraron maquetas de distintos ecosistemas que estarán expostas durante algúns días para o desfrute de todos e todas.
viernes, 23 de abril de 2021
Día Mundial do Libro
Todas as datas son boas para celebrar, pero esta é especial para os colexios e os libros son unha das nosas compañías diarias.
A lectura e os libros pódense representar utilizando a reciclaxe. Mirade:
lunes, 15 de junio de 2020
AMAR O MAR
As nenas e os nenos de 6º de E. Infantil investigaron moito para facer uns fermosos traballos que quedaron plasmados nesta asombrosa presentación.
Non vola perdades!
sábado, 13 de junio de 2020
ABC do noso Planeta
Coas letras do abecedario fixemos un traballo de incestigación sobre o vocabulario relacionado co noso proxecto. Podedes velo premendo na imaxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











