A escritora Rosa Aneiros visitounos a pasada semana para charlar co alumnado de 5º e 6º e asinar o seu libro Xelís, o guieiro das botellas de mar.
Xelís, o protagonista da súa novela, inicia unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario